CONDICIÓNS XERAIS SEASON FEST 2023

A adquisición da presente entrada outorga á persoa que a adquire un título nominativo, que lle permite acceder ao recinto musical onde se celebrarán os concertos do Festival Season Fest os días 7, 8, 9 10 e 11 de xuño do 2023. A entidade resérvase o dereito para poñer á venda entradas diferentes ás consideradas nas presentes condicións, previa publicación destas por este mesmo medio. A adquisición da entrada para o Revenidas 2022 supón a aceptación das seguintes Condicións Xerais de Uso, ofrecidas por Elemental Street SL (en adiante Organización/promotora), con CIF B27832864, domiciliado en Avenida Gran Vía 160, 1º oficina 5, 36211 Vigo, Pontevedra.

ENTRADA

Durante o proceso de compra, o/a comprador/a terá́ que indicar os nomes, apelidos e número de teléfono de cada unha das persoas que acudan ao concerto con cada entrada adquirida. As entradas son nominais: a persoa que veña reflectida na entrada non poderá ser outra persoa diferente á asistente ao evento. Para ese efecto poderáselle requirir o D.N.I. ou pasaporte para acreditar a súa identidade á hora de acceder ao recinto onde se celebran os concertos. As entradas poderanse adquirir unicamente nas canles de venda autorizadas pola Organización, a saber, www.seasonfest.es e www.woutick.com, e non se fará responsable das entradas que non se adquiran mediante estas canles de venda. Toda entrada duplicada, danada, rachada ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto, así como a tomar as medidas legais pertinentes contra o titular da mesma, que asume toda a responsabilidade no caso de que esta se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada. Cada entrada ten insertado un código de barras ou un código QR que inclúen toda a información de valicación da mesa a través dun sistema electrónico. Queda prohibida calquer manipulación ou modificación de ditos códigos. Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será reembolsado o seu importe. En caso de anulación total do evento a Organización comprométese a devolver o importe da entrada, pero non o custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo da mesma, ao tratarse este dun servizo prestado polas canles de venda no momento da compravenda da entrada. En ningún caso se devolverá o importe das entradas se a cancelación se producise unha vez comezado o evento. A Organización resérvase o dereito para alterar ou modificar o programa do evento, ou suspender ou alterar calquera das actividades e actuacións propostas no cartel. Con respecto a isto, infórmase da realización de controis electrónicos de seguridade á entrada do recinto con tecnoloxía de lectura de detección de entradas fraudulentas. A admisión queda supeditada ao feito de dispoñer da entrada completa e en boas condicións. A entrada debe de ser trocada por unha pulseira nos despachos de billetes situados xunto á entrada ao recinto. A pulseira cahsless é o único acceso válido tanto para o recinto dos concertos como o único método de pago admitido no festival. Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira á persoa usuaria final, que se fai responsable de validar que estea correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. É resistente, pero non é irrompible. Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, quites a túa pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito para acceder ao recinto. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida. A Organización non se fai responsable de calquera furto, roubo, dano ou outra actuación delituosa que se poida ocasionar dentro do recinto de concertos ou de calquera outro recinto habilitado pola organización.

ALTERACIÓN OU MODIFICACIÓN DO PROGRAMA DO FESTIVAL

A Organización, como entidade encargada da celebración do evento, podrá alterar ou modificar o porograma do Festival únicamente cando iso fose necesario para a correcta celebración do mesmo, e en especial, cando poidan existir cambios de horario ou en actuacións, de artistas, mediando previo aviso aos asistentes, e e n todo caso, por motivos debidamente xustificados por causas axenas ao festival. En caso de que se produza dito suposto, a Organiaicón realizará os seus mellores esforzos e poñerá todos os medios posibles a súa disposición para axustar os horarios e levar a cabo o programa do Festival anunciado.

ADMISIÓN

A Organización resérvase o dereito de admisión, segundo a lexislación vixente se ocurrise calquera das seguintes circunstancias:

  • O usuario manifesta unha actitude violenta, molesta ou que incita públicamente odio, violencia ou discriminación por motivos de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, discapacidade, orientación sexual, identidade de xénero ou calquer outra condición ou circunstancia social e/ou personal.
  • O usuario presenta síntomas de embriaguez, intoxicación (aparente ou potencial) e/ou de estar consumindo ou haber consumido drogras e/ou sustancias estupefacinetes.
  • O usuario no ncumpre coas condicións previstas para o acceso xeral e menores de idade previstas máis adiante.

Non se permitirá, en ningún caso, a introdución de ningunha clase de arma ou de obxecto que poida ser considerado como potencialmente perigoso para o resto dos/as asistentes ou para os/as artistas.

  • Cascos de motos, maletas, bolsas ou mochilas de grandes dimensións.
  • Comida ou bebida do exterior (salvo intolerancias ou alerxias con certificado médico).
  • Envases conxelados, que poidan resultar como obxecto contundente.
  • Pancartas e/ou bandeiras que inciten á violencia.
  • Calquier tipo de clase de bebida alcohólica, así como estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes ou sustancias análogas.
  • Paliños selfies, paraugas, drones ou punteiros láser.
  • Grabadoras de audio, de foto ou cámaras réflex.
  • Armas de calquer tipo ou clase que poidan ser usados como tales ou artefactos perigosos para a integridade física de personas, como petardos, cohetes ou toda clase de artículos pirotécnicos.

MENORES DE IDADE

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Season Fest establece as seguintes normas de acceso para menores de ideade. Os menores de 14 anos (incluidos) accederán ao recinto de xeito gratuito. Todo menor de 16 anos de idade  que vaia a acceder debe ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Ao acceder ao recinto de concertos poderáselle requirir aos proxenitores ou titores que mostren o documento orixinal do seu DNI e o DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá mostrar tamén unha fotocopia do DNI dun proxenitor ou titor/a do menor, achegar a autorización de asistencia asinada por parte dalgún dos anteriormente citados e ensinar o DNI do menor. Os/ as menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dun adulto pero deben ensinar igualmente, antes de acceder ao recinto, o seu DNI, unha fotocopia do do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Todas as e os menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acceder ao recinto de concertos. Toda e todo menor que non se atope baixo a autorización, supervisión ou cargo dunha persoa adulta, maior de idade, será expulsada do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes. A Organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso, a quen desatenda as indicacións do persoal da Organización e de Seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc, responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais. Todo intento de estafa, violación, subtracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E IMAXE

A efectos do disposto na Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, sobre a protección civil do dereito ao honor, á intimidade personal ou familiar e a propia imaxe, infórmase que a asistencia ao Festival inclúe o consentimento e autorización expresa do uso de forma gratuíta e sen contraprestación algunha, da súa voz, imaxe e nome en retransmisións televisivas, radiofónicas ou redes sociais, ao vivo ou en diferido, en vídeo, en fotografías ou calquera outro medio ou soporte presente ou futuro. Para acceder con cámaras de uso profesional, será obrigatorio contar cunha autorización da promotora, así como unha acreditación do departamento de prensa da Organización. Podes contactarnos en prensa@seasonfest.es para solicitala. A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuídor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de marketing, revenda ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e /ou sorteos). O incumprimento deste punto, sen autorización expresa e fidedigna da Organización, obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis elevada do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Asi mesmo, queda anulada a licenza incorporada na presente.

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos facilitados tanto en web como na plataforma de compra de entradas serán comunicados á Promotora para a xestión do evento e dos seus clientes. A Organización resérvase a facultade de modificar as presentes Condicións Xerais previa publicación das mesmas por este mesmo medio, sendo responsabilidade da persoa usuaria a súa debida lectura no momento de cada acceso e/ou utilización. Calquera reclamación deberase acompañar, de xeito obligatorio, coa presentación da entrada.