LADILLA RUSA

Ladilla Rusa- Barbeira season fest

Ladilla Rusa. E por fin, a vacina definitiva

Calquera concerto de Ladilla Rusa é unha terapia de choque. As ondas do electropop de Víctor Fernández Clares e Tania Lozano rexeneran músculos e tendóns. As tripas e o cerebro.

“Nosotros no podemos hacer otra cosa que no sea fiesta y diversión y despiporre”, comentan nunha entrevista. Ladilla Rusa é, por fin, a vacina definitiva. Teñen a intención de chegar a Baiona en zodiac. Nós recibirémolos no porto, cos brazos abertos e as pubes estrictamente depiladas.

Mercade as entradas para o Barbeira Season Fest e disfrutade de Ladilla Rusa, entre outros.

Anotade: 27, 28 e 29 de Agosto. Baiona.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *