"Enerxía cósmica" LaBorde trae ao Barbeira Season Fest unha proposta enraizada nos sons máis actuais.…

TRONCO E MUJERES
“A manobra refrescante”
Tronco e Mujeres suben ao escenario do Barbeira Season Fest para refrescar a atmosfera con máis salitre da que xa nos ofrece o Atlántico. Tronco, con toda esa potencia neorrealista, axudará a quen sexa a montar en bicicleta polo recinto. A un peixe ou a calquera de vós.
Mujeres tamén refrixera. O grupo ule a garaxe con aire acondicionado, a elegante rock´n´roll. Indies? “Todo lo que no sea David Bisbal en este país parece que tiene que ser indie”, soltaron durante unha entrevista. Aí queda.
Mercade as entradas para o Barbeira Season Fest e desfrutade de Tronco e Mujeres, entre outros.
Anotade: 27, 28 e 29 de Agosto. Baiona.
This Post Has 0 Comments